• FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    A ECLIPSE SOLAR DO 12 DE AGOSTO DE 2026 EN GALICIA

    O 12 de agosto de 2026 asistiremos a unha eclipse solar total na Península Ibérica, no que o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia será un lugar privilexiado para a súa observación, no que a altura do sol permitirá visión directa da eclipse ata a finalización da parcialidade, tendo en conta que a orografía podería obstaculizar a visión ao atoparse o sol moi baixo nos últimos instantes da eclipse. A anterior eclipse solar total visible desde a Península Ibérica aconteceu no século pasado, o 17 de abril de 1912, onde a sombra tocou Galicia nunha moi estreita franxa de 1,2 km de anchura que atravesou desde Verín ata Valdeorras, con…

  • EVENTOS

    RESUMO DO V CONGRESO PROAM LALÍN 2026

    RESUMO DO V CONGRESO PROAM LALÍN 2026 O noso compañeiro e socio Ángel Lado fixo un excelente artigo-resumo do V Congreso PROAM que se oranizou en Lalín neste mes de maio. Grazas ao noso compañeiro temos unha boa basede información de todo o que pasou nestes días, e que pode ser de interese para todas as persoas que non puidemos asistir. O noso socio Ángel fixo unha listaxe das distintas comunicación coas enlaces a información das mesmas: 1ª comunicación: “Proxectos de Colaboración PROAM e Ciencia Cidadá – Trío de Eclipses.” Joaquín Álvaro Contreras (Presidente da FAAE e membro da Comisión Científica do Trío de Eclipses) https://www.trioeclipses.es 2ª comunicación: “Da aula…

    Comentarios desactivados en RESUMO DO V CONGRESO PROAM LALÍN 2026
  • FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    EGAN 2026, ata a próxima!

    O EGAN 2026 deu remate con 76 asistentes nunha xornada emocionante e intensa. Houbo espazo para profesionais e amadores da astronomía e, sobre todo, moi bo ambiente. Dende primeira hora, antes do descanso para comer, puidemos disfrutar de 4 grandes charlas: Xa pola tarde, novas relatoras e relatores fixeronnos disfrutar de máis charlas nestas xornadas para coñecer de preto interesantes temas, proxectos e curiosidades sobre astronomía. Na foto de grupo soamente estamos algunhas das persoas que participamos, as outras non se puideron quedar, pero quedan rexistradas igual. Grazas a tódolas persoas asistentes e poñentes por facelo posible. Xa pensando nas melloras de cara 2027. Esperamosvos!!!

    Comentarios desactivados en EGAN 2026, ata a próxima!
  • FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    28 de abril de 2026, unha data para a comprobación da visibilidade da eclipse do 12 de agosto de 2026

    Equidistancia temporal sobre o solsticio de verán entre o día da eclipse do 12 de agosto e o 28 de abril O 12 de agosto de 2026 producirase unha eclipse solar total no que a franxa de totalidade cubrirá o 55% do territorio galego. Debido a que o instante de totalidade acontecerá co sol baixo (entre 10 e 12º sobre o horizonte) e entre 1 e 3º na finalización da parcialidade, non todos os lugares de observación disporán de visión directa do sol. Haberá que ter en conta os posibles obstáculos visuais, xa sexan naturais ou artificiais. Para averiguar se os obstáculos poden ser un problema ou non temos a…

  • FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    Eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 en Santiago de Compostela

    O 12 de agosto de 2026 asistiremos a unha eclipse solar total na Península Ibérica, no que o territorio do Concello de Santiago de Compostela atoparase na liña que divide a observación da totalidade da que se manterá na parcialidade. A anterior eclipse solar total visible desde a Península Ibérica aconteceu no século pasado, o 17 de abril de 1912, onde a sombra tocou Galicia nunha moi estreita franxa de 1,2 km de anchura que atravesou desde Verín ata Valdeorras, con duración da totalidade menor de 1 s. Esa eclipse observouse en Santiago de Compostela cun escurecemento do disco solar do 96%. Temos que remontarnos ao século XV, o 16…

  • DIVULGACION,  FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    TRÍO DE ECLIPSES (Agosto 2026 e máis)

    Trío de eclipses visibles dende o territorio estatal Nos próximos anos de 2026, 2027 e 2028 produciranse unha serie de eclipses solares, visibles dende distintos puntos de toda España. Estes eventos non só son de gran interese desde a perspectiva cultural e científica, senón que tamén representan un reto organizativo e loxístico que requirirá a planificación e coordinación das autoridades locais, rexionais e nacionais. O primeiro deste trío de eclipses producirase o 12 de agosto de 2026 e o seu rango de visibilidade esténdese dende a costa norte de Galicia, Asturias, Cantabria e parte do País Vasco ata o norte da Comunidade Valenciana e o sur de Cataluña. Este rango…

    Comentarios desactivados en TRÍO DE ECLIPSES (Agosto 2026 e máis)
  • ACTIVIDADES,  EVENTOS

    AstroGalicia 2025

    Comezamos o ano facendo un pequeno resumo do que foi “AstroGalicia 2025, a Festa Galega das Estrelas” evento ao que asistimos varias socias e socios de VEGA. Para este breve texto, puxemos en común as nosas visións das charlas, seminarios e obradoiros aos que asistimos e así, vos poidades facer unha idea doa contecido alí, e vos animedes a asistir para a proxima edición!! Varias e varios de nós repetimos a asistencia dende fai anos a esta “Festas Galega das Estrelas”, esta é a duodécima edición, e xa pasamos por Forcarei, Maceda, Boimorto, San Xoán de Río e Castrelo do Miño, e actualmente a segunda vez que se leva a…

  • EVENTOS

    VOLVE ASTROGALICIA!

    Anotade as datas nas vosas axendas astronómicas! O 20 e 21 de decembro, no Concello de Arzúa, voltaremos a vernos no AstroGalicia25! O ano pasado puidemos gozar de moitas e variadas charlas, seminarios e obradoiros relacionados co mundo da Astronomía, este ano desexamos que chege decembro para poder coñecer máis novas sobre a nosa paixón. Dende VEGA moitas socias e socios estamos pendentes de canto se vaia comentando sobre este acontecemento tan querido por todas e todos, e poder xuntarnos de novo para aprender e disfrutar coas persoas que asistamos. Tedes máis información na paxina web https://ceosgalegos.com/ag25/ non deixedes de consultala para coñecer as novas e tamén nas nosas redes…

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial