Presentación
O Encontro Galego Astronomia Nova é unha xuntanza de afeccionados á Astronomía de Galicia onde intercambiar experiencias e coñecemento de Astronomía, Astrofísica e temas relacionados. É o sucesor do Workshop CMON, orixinalmente enfocado principalmente á Astronomía práctica e observacional, e que prolongou ata o ano 2019. Astronomia Nova abre a súa visión a todos os campos da Astronomía e outras ciencias relacionadas con ela e pretende dar continuidade a esa iniciativa.
A primeira edición de Astronomia Nova tivo lugar o 20 de abril de 2024 en Bertamiráns (Ames), con máis de 70 participantes de toda Galicia e outros lugares. A segunda edición de Astronomia Nova foi o 5 de abril de 2025 tamén en Bertamiráns cuns 60 participantes.
Rexistro e contribucións
Calquera persoa pode participar no Encontro Astronomia Nova 2026 e a inscripción é de balde. Para asistir a Astronomia Nova 2026 é necesario rexistrarse por razóns de aforo e organizativas. Basta con encher o formulario coa información de contacto básica.
Animamos a todos os afeccionados e profesionáis da Astronomía de Galicia a asistir e participar neste encontro, organizado polo Clube Vega de Compostela.
Ademáis é posible participar cunha contribución en forma de presentación sobre calquera tema de Astronomía. O tempo asignado a cada unha é de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Se queres contribuir cunha presentación hai que indicar o título e resumo da charla no formulario de rexistro. No caso que non haxa tempo para todas as contribucións, o Comité Organizador escollerá as máis axeitadas segundo a temática e novidade.
Datas importantes
- 26 de xaneiro de 2026: apertura do rexistro para participación e chamada a contribucións.
- 28 de marzo de 2026: último día para apuntarse e para enviar propostas de contribucións.
- 31 de marzo de 2026: publicación do programa definitivo.
- 11 de abril de 2026: día do encontro. Vémonos en Bertamiráns!
Lugar
O encontro Astronomia Nova 2026 terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, no Concello de Ames. Bertamiráns é a capital deste concello situado a uns 10 km ó oeste de Santiago de Compostela, no chamado Val da Mahía. O Pazo da Peregrina é propiedade do Concello de Ames, que o usa para diversas actividades educativas e culturáis, e dispón dunha gran extensión de xardíns conformando un entorno moi tranquilo e agradable.
Cómo chegar
En vehículo privado
A ruta máis cómoda para chegar a Bertamiráns é pola autovía Santiago-Brión (AG-56) ata a saída 7 (Bertamiráns norte). Esta saída conduce directamente á Avda. da Peregrina, que percorreremos durante uns 500 m ata a Avda. J. L. Azcárraga, onde está a entrada principal do pazo da Peregrina.
Estacionamento
A entrada principal do pazo da Peregrina atópase na Avda. J. L. Azcárraga, que é o lugar de estacionamento que recomendamos e ten numerosas prazas habilitadas para turismos e outros vehículos. Se non houbera sitio, a uns 200 metros hai un estacionamento ó que se accede dende a Avda da Peregrina, situado entre o Mercadona de Bertamiráns e a piscina da Telleira. Na páxina de transportes do Concello de Ames hai unha lista dos estacionamentos para vehículos co número de prazas de cada un.
Autocaravanas e campers
Existe unha área de estacionamento para autocaravanas e campers en As Pateiras, a 200 m do pazo da Peregrina, seguindo pola Avda de J. L. Azcárraga. Dispón de 15 prazas de estacionamento, unha delas adaptada, e servizos de recollida de augas fecáis e aprovisionamento de auga potable.
En autobús
As rutas de transporte metropolitano teñen paradas na Avda. da Mahía, que é a rúa que atravesa Bertamiráns e están a uns 400 m do Pazo da Peregrina. Pode obterse información sobre as rutas e horarios na páxina de transportes do Concello de Ames e na páxina do transporte público de Galicia.
En avión
O aeroporto máis próximo é o aeroporto Rosalía de Castro (SCQ) de Santiago de Compostela, dende onde hai servizo de taxis y autobuses lanzadeira ata o casco urbano de Santiago de Compostela.
En tren
A estación de ferrocarril máis próxima é a de Santiago de Compostela, que é unha estación intermodal e permite facer directamente transbordos ó autobús.
Onde xantar
Bertamiráns ten numerosos locáis de hostelería onde xantar ou tomar un café. Aquí só imos mencionar algúns que están preto do lugar do Encontro:
- Bar Isa: é o máis próximo ó Pazo da Peregrina, e está case enfrente, por se queres tomar un café rápido ou almorzar.
- Asador Vaca Vella: a só 50 m do pazo, un lugar onde desfrutar dunha boa comida.
- Bar Recreo: un pouco máis escondido detrás da piscina da Telleira, ten pratos combinados e uns bocatas de medo.
- Tropic: un dos mellores sitios para comer, moi recomendable reservar antes de ir. O menú do día en fins de semana vale 18 €.
- Sicilia in Bocca: enfrente do Tropic, para unha comida italiana excelente a prezos asequibles.
Contacto: rimarzoa@yahoo.es - Clube Vega