-
Ocultación de Venus pola Lúa
Durante a mañán do venres 19 de xuño produciráse unha ocultación do planeta Venus pola Lúa. Esta ocultación será visible dende o N de Canadá, Groenlandia, NW de Europa, e N de Rusia. Tamén será visible dende toda a península ibérica e Canarias, aínda que xa preto do límite S. Dende Galicia, a inmersión do planeta produciráse ás 07:20 TU (09:20 hora local española). Esta inmersión será polo lado iluminado da Lúa e o planeta Venus estará nese momento a unha altura de 38º sobre o horizonte SE. A reaparición do planeta produciráse ás 08:14 TU (10:14 hora local) polo lado non iluminado da lúa cando xa esté a unha…