-
AstroGalicia 2025
Comezamos o ano facendo un pequeno resumo do que foi “AstroGalicia 2025, a Festa Galega das Estrelas” evento ao que asistimos varias socias e socios de VEGA. Para este breve texto, puxemos en común as nosas visións das charlas, seminarios e obradoiros aos que asistimos e así, vos poidades facer unha idea doa contecido alí, e vos animedes a asistir para a proxima edición!! Varias e varios de nós repetimos a asistencia dende fai anos a esta “Festas Galega das Estrelas”, esta é a duodécima edición, e xa pasamos por Forcarei, Maceda, Boimorto, San Xoán de Río e Castrelo do Miño, e actualmente a segunda vez que se leva a…
-
VOLVE ASTROGALICIA!
Anotade as datas nas vosas axendas astronómicas! O 20 e 21 de decembro, no Concello de Arzúa, voltaremos a vernos no AstroGalicia25! O ano pasado puidemos gozar de moitas e variadas charlas, seminarios e obradoiros relacionados co mundo da Astronomía, este ano desexamos que chege decembro para poder coñecer máis novas sobre a nosa paixón. Dende VEGA moitas socias e socios estamos pendentes de canto se vaia comentando sobre este acontecemento tan querido por todas e todos, e poder xuntarnos de novo para aprender e disfrutar coas persoas que asistamos. Tedes máis información na paxina web https://ceosgalegos.com/ag25/ non deixedes de consultala para coñecer as novas e tamén nas nosas redes…
-
IOMN 2025
Moitas grazas a todas as persoas que asistiron, esperamos que o disfrutaran tanto coma nós!
-
Noite Internacional de Observación da Lúa
International Observe the Moon Night é un evento público mundial que fomenta a observación, a apreciación e a comprensión da nosa Lúa e a súa conexión coa ciencia espacial, a exploración e a cultura humana. Este evento anual conecta científicas e científicos, educadoras e educadores e entusiastas, en xeral, da lúa de calquera parte do mundo. Dende VEGA, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, realizaremos unha observación pública para unirnos á Noite Internacional da Observación da Lúa o sábado 4 de outubro ás 22:00, o evento é de balde e celebrarase en Santiago de Compostela, no Parque de Vista Alegre xunto ao Museo…
-
A ECLIPSE PARCIAL DE SOL
Moito se fala das eclipses do 2026 e seguintes, pero temos que lembrar que en Galicia, non fai moito, puidemos gozar dunha, non total, pero sí parcial. O sábado 29 de marzo deste ano, no Parque de Carlomagno, en Santiago de Compostela, algunhas socias e socios de VEGA xuntámonos nunha actividade pública, para ver este fenómeno astronómico, a eclipse parcial de sol. Unha eclipse solar é o fenómeno astronómico que se produce cando a lúa oculta o sol visto dende a Terra. Isto ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñadas. Dita aliñación coincide coa lúa nova cando esta se produce no plano da eclíptica, no noso…
-
II EGAN 2025
Fai uns meses que rematamos o EGAN 2025 e xa temos ganas do seguinte!!! Este ano reunímonos en Bertamiráns sobre 60 persoas na segunda edición do Encontro Galego Astronomía Nova, que organizou o noso compañeiro e socio Ramón Iglesias Marzoa e onde atopamos diferentes charlas relacionadas co mundo astronómico en todas as súas variables. Neste encontro puidemos gozar de variadas e distintas temáticas, dende arqueastronomía, meteoritos, radios de galena, esferas armilares e historia e mitoloxía (cunha estupenda charla sobre as Pléiades a cargo do noso “vegano” Jorge A. Pérez Prieto). As persoas que asistimos viaxamos a Arabia e o ceo de Petra con A. César González García, pasamos polo Concello…
-
OS ECLIPSES QUE VEÑEN
AÍnda que todos os anos se producen varios eclipses, tanto de Sol como de Lúa, non sempre os podemos disfrutar, xa que son eventos que non se poden ver desde todos os lugares. Pero neste ano 2025 e no 2026 estamos de sorte en Galicia, xa que poderemos ver varios eclipses de Lúa e, o que é máis dificil, varios eclipses de Sol. Comezamos esta boa racha este mes de Marzo no cal teremos un de cada, visibles desde Galicia, de Lúa o día 14, e de Sol, parcial, o 29 de Marzo. Estes eclipses van ser só o aperitivo co que nos ímos ir preparando para o grande evento…
-
II encontro ASTRONOMÍA NOVA
Non cabía dúbida, logo do éxito do primeiro encontro, que o noso ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) ía ter continuidade…pois xa temos data! apuntade! O VINDEIRO 5 DE ABRIL DE 2025, EN BERTAMIRÁNS Aínda non temos carteliño pero o que si que temos lista é a web para o congreso. ahí tes as datas e as ligazóns para apuntarte, tanto se queres contribuir cunha charla, como se queres asistir. Anímate, vai ser un día grande!!
-
EXPOSICIÓN: 25 ANOS MIRANDO AO CEO
O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios. PODES VISITALA ENTRE O 1 E O 31 DE OUTUBRO NO CSC DO ENSANCHESANTIAGO DE COMPOSTELA(ubicación)
-
Observación da Lúa en Vista Alegre
O pasado día 14 tivemos ocasión de desfrutar da Noite internacional da Observación da Lúa xunto con todo o público que se achegou ata o parque de Vista Alegre. A actividade tivo moita aceptación e pasámolo moi ben. Desde esta páxina queremos agradecer a colaboración dos Amigos do Museo de Historia Natural e tamén a súa asistencia a toda a xente que veu a compartir esas horiñas con nos. Este é un evento que se celebra todos os anos asi que…ata a próxima!!