• NOVAS

    Observación da Lúa en Vista Alegre

    O pasado día 14 tivemos ocasión de desfrutar da Noite internacional da Observación da Lúa xunto con todo o público que se achegou ata o parque de Vista Alegre. A actividade tivo moita aceptación e pasámolo moi ben. Desde esta páxina queremos agradecer a colaboración dos Amigos do Museo de Historia Natural e tamén a súa asistencia a toda a xente que veu a compartir esas horiñas con nos. Este é un evento que se celebra todos os anos asi que…ata a próxima!!

    Comentarios desactivados en Observación da Lúa en Vista Alegre
  • ACTIVIDADES,  NOVAS

    Éxito do «astronomía nova»

    « O pasado día 20 de abril tivemos o gusto de compartir con vos o 1º encontro Astronomía Nova. A xornada tivo gran aceptación e poidemos desfrutar dunha chea de charlas, cafés, comida e moi bo ambiente.  Desde o clube Vega queremos agradecer a todos a vosa participación e que saibades que rematamos moi inspirados e moi resoltos a que este encontro teña continuidade, asi que agardamo veros outra vez no EGAN 2025!!  

    Comentarios desactivados en Éxito do «astronomía nova»
  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION,  FENÓMENOS ASTRONÓMICOS,  NOVAS

    Encontro ASTRONOMIA NOVA

    Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.   A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .   Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados…

  • DIVULGACION,  NOVAS

    Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis

    As estrelas que vemos no ceo permanecen inmóbiles entre si. Por suposto que todas parecen moverse ó xirar a Terra, pero as súas posición relativas permanecen fixas, polo que forman patróns que podemos recoñecer e que chamamos constelacións. Sen embargo, xa os gregos viron que algunhas poucas «estrelas» movíanse «errantes» sobre o fondo de estrelas fixas. A estes corpos os gregos os chamaron «planetas» que significan precisamente «errantes». Hoxe en día sabemos que estes planetas son corpos que xiran ó redor do Sol e que, aínda que non emiten luz propia como as estrelas, son suficientemente grandes como para poder percibir dende a Terra a luz que reflicten do Sol…

    Comentarios desactivados en Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis
  • NOVAS

    Unha nebulosa para o noso amigo

    Unha anana branca é unha estrela que xa non produce enerxía, que xa pasou por todas as fases da súa vida, que deu luz e calor durante millóns de anos pero que pouco a pouco vai perdendo a enerxía que lle queda para finalmente apagarse por completo. Así é como hoxe nos deixou o noso compañeiro Jesús, como unha anana branca consciente do seu destino. Pero Jesús era unha persoa sinxela e discreta e quería que a tristura se transformara en celebración por telo coñecido. Moitas ananas brancas expulsan parte da súa envoltura gaseosa e deixan atrás fermosas nebulosas, con formas e cores que nos indican como, ainda que todo…

    Comentarios desactivados en Unha nebulosa para o noso amigo
  • DIVULGACION,  NOVAS

    Ocultación de Venus pola Lúa

    Durante a mañán do venres 19 de xuño produciráse unha ocultación do planeta Venus pola Lúa. Esta ocultación será visible dende o N de Canadá, Groenlandia, NW de Europa, e N de Rusia. Tamén será visible dende toda a península ibérica e Canarias, aínda que xa preto do límite S. Dende Galicia, a inmersión do planeta produciráse ás 07:20 TU (09:20 hora local española). Esta inmersión será polo lado iluminado da Lúa e o planeta Venus estará nese momento a unha altura de 38º sobre o horizonte SE. A reaparición do planeta produciráse ás 08:14 TU (10:14 hora local) polo lado non iluminado da lúa cando xa esté a unha…

    Comentarios desactivados en Ocultación de Venus pola Lúa
  • NOVAS

    UNHA ESTRELA MÁIS NO NOSO LOGO

    Bruno chegou a nós no último congreso CMON, ahí estaba entre o público, coa mente chea de preguntas que buscaban resposta. Enseguida se integrou no clube e foi un de nós porque, desde o primeiro momento que falou, o sentimos como si estivera ahi desde sempre, participando nos nosos debates a través das redes, poñendo un pouco de sentido común nas discusións, moitas veces absurdas, e aportando bo humor coa súa chispa nestes tempos sombríos de cuarentena. Mais Bruno foi unha estrela fugaz: chegou, brillou con forza e, esta mañá, deixounos para non voltar. Non o levou un meteorito, deses NEO que pasan preto, cos que lle gustaba bromear, senon…

    Comentarios desactivados en UNHA ESTRELA MÁIS NO NOSO LOGO
  • astrofoto,  NOVAS

    «VEGANOS» PREMIADOS

    Fai un par de semanas celebróuse en Castrelo de Miño a entrega de premios do concurso de fotografía de CEOS GALEGOS. Non é ningunha novidade que en Clube Vega temos fantásticos astrofotógrafos e, como non podía ser doutro xeito, varios deles resultaron premiados, algún incluso por triplicado! Deixamos aqui a relación dos premios otorgados aos nosos socios e, por n-ésima vez, NORABOA AOS PREMIADOS!, tamén aos non «veganos». Miguel: 3º premio na categoría Sistema Solar con «Lúa en Detalle» Kike: 3º premio do xurado con «Solitario» Alex: 1º premio do xurado na categoría Paisaxes celestes con «Lagoa de Louro» 3º premio do xurado na categoría Xente e ceo con «O…

  • EVENTOS,  NOVAS

    ÉXITO DO VII CMON

    Xa relaxados logo dun fin de semana movidiño. Rematou o CMON deste ano e hai que dicir que foi un exitazo. Charlas pola mañá, descansos para socializar e tomar un cafeciño, comida nun excelente ambiente, exposicións de astrofotografía, charlas pola tarde e para rematar coloquio sobre contaminación lumínica, tema que da para falar moito. Gran asistencia de público, sobre todo pola mañá, e moitas caras coñecidas pero tamén moitas que se achegaban por primeira vez a un evento deste tipo. Para nós foi un pracer saludar aos primeiros, coñecer aos segundos e compartir con todos a nosa paixón pola astronomía. Desde aqui queremos agradecer a todos os que colaboraron coas…

  • ACTIVIDADES,  EVENTOS,  NOVAS

    50 ANOS NA LÚA

    O 21 de xullo de 1969, os Astronautas da Apolo XI convertíronse nos primeiros seres humanos en pisar outro astro que non fora a Terra. Aínda que hai quen trata de xustificar ou condenar este feito desde o punto de vista político e/ou económico, o que é innegable e que foi a culminación dun enorme esforzo científico e tecnolóxico no que colaboraron centos de homes e mulleres, moitas veces non suficientemente recoñecidos, que deron sentido a famosa frase de Neil Armstrong «un pequeno paso para un home, un grande salto para a humanidade» Este mes celébrase en todo o mundo o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, cada…

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial