• ACTIVIDADES,  DIVULGACION

    Luna lunera….

    Este sábado 14 de setembro e no marco do DÍA INTERNACIONAL DE OBSERVACIÓN DA LÚA (InOMN) , promovido anualmente pola NASA, o noso clube vai celebrar unha xornada de observación aberta ao público. Será no parque de Vista alegre, é unha actividade donde colabramos coa asociación de amigos do museo de Historia Natural. Tes toda a información na imaxe adxunta. Anímate a desfrutar con nos da Lúa!! Deixamos AQUI material interesante para a observación. AQUI o link a páxina oficial da NASA onde está inscrita a nosa actividade.

  • ACTIVIDADES,  NOVAS

    Éxito do «astronomía nova»

    « O pasado día 20 de abril tivemos o gusto de compartir con vos o 1º encontro Astronomía Nova. A xornada tivo gran aceptación e poidemos desfrutar dunha chea de charlas, cafés, comida e moi bo ambiente.  Desde o clube Vega queremos agradecer a todos a vosa participación e que saibades que rematamos moi inspirados e moi resoltos a que este encontro teña continuidade, asi que agardamo veros outra vez no EGAN 2025!!  

    Comentarios desactivados en Éxito do «astronomía nova»
  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION,  FENÓMENOS ASTRONÓMICOS,  NOVAS

    Encontro ASTRONOMIA NOVA

    Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.   A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .   Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados…

  • ACTIVIDADES,  astrofoto,  EVENTOS

    25 ANOS MIRANDO AO CEO

    O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios. PODES VISITALA DO 2 AO 16 DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO E DO 16 AO 31 DE OUTUBRO EN BERTAMIRÁNS          

  • ACTIVIDADES

    Actividade astronómica en Fecha

    O pasado dia 18 tivemos o placer de compartir unha actividade astronómica con socios da asociación A pedra que fala, de San Xoan de Fecha. Primeiro tivemos unha breve charla divulgativa, na que falamos de conceptos básicos para comprender que é o que se observa no ceo nocturno ao longo do ano e que son os diferentes obxectos astronómicos. Despois fomos ao punto de observación elexido, no monte da parroquia de San Xoan de Fecha, e gozamos dunha sesión de observación: Venus en fase minguante, Saturno e o seu anel, Xúpiter, cas súas bandas nubosas e os satélites Galileanos… e tamén algunha estrela dobre, cúmulos estelares e pouco máis, pois…

    Comentarios desactivados en Actividade astronómica en Fecha
  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION

    Charla divulgativa sobre ocultacións

    Nestes días de chegadas varias ao planeta vermello, os do Clube Vega permanecemos na Terra, ainda que sempre mirando cara arriba. Despois de bastante tempo de inactividade por estas sucesivas ondas da pandemia ímos adaptándonos e voltamos ás nosas reunións, eso si, on line. O noso compañeiro Ramón ofreceranos unha interesante charla este sábado…vémonos na pantalliña!!

    Comentarios desactivados en Charla divulgativa sobre ocultacións
  • DIVULGACION,  NOVAS

    Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis

    As estrelas que vemos no ceo permanecen inmóbiles entre si. Por suposto que todas parecen moverse ó xirar a Terra, pero as súas posición relativas permanecen fixas, polo que forman patróns que podemos recoñecer e que chamamos constelacións. Sen embargo, xa os gregos viron que algunhas poucas «estrelas» movíanse «errantes» sobre o fondo de estrelas fixas. A estes corpos os gregos os chamaron «planetas» que significan precisamente «errantes». Hoxe en día sabemos que estes planetas son corpos que xiran ó redor do Sol e que, aínda que non emiten luz propia como as estrelas, son suficientemente grandes como para poder percibir dende a Terra a luz que reflicten do Sol…

    Comentarios desactivados en Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis
  • NOVAS

    Unha nebulosa para o noso amigo

    Unha anana branca é unha estrela que xa non produce enerxía, que xa pasou por todas as fases da súa vida, que deu luz e calor durante millóns de anos pero que pouco a pouco vai perdendo a enerxía que lle queda para finalmente apagarse por completo. Así é como hoxe nos deixou o noso compañeiro Jesús, como unha anana branca consciente do seu destino. Pero Jesús era unha persoa sinxela e discreta e quería que a tristura se transformara en celebración por telo coñecido. Moitas ananas brancas expulsan parte da súa envoltura gaseosa e deixan atrás fermosas nebulosas, con formas e cores que nos indican como, ainda que todo…

    Comentarios desactivados en Unha nebulosa para o noso amigo
  • ACTIVIDADES,  EVENTOS

    ASTRONOMÍA URBANA

    O dia 28 pola noite, o clube Vega recibiu ao público que se apuntou a estas xornadas organizadas polo concello de Santiago, no marco do programa Vive o Verán. Ao ter que cumprir co protocolo pola COVID-19 o aforo tivo que estar limitado, pero o público acudiu con entusiasmo e coa paciencia necesaria para esperar o turno e cumprir ca normativa: máscaras, distancia, desinfección… Ainda que cara o final da actividade as nubes fixeron acto de presencia, desde a azotea do CSC A Trisca poidemos ver a Lúa, Xúpiter, Saturno e outros astros, ainda que xa non o cometa  Neowise, que esta a perder brillo día a día alonxándose xa…

  • DIVULGACION,  NOVAS

    Ocultación de Venus pola Lúa

    Durante a mañán do venres 19 de xuño produciráse unha ocultación do planeta Venus pola Lúa. Esta ocultación será visible dende o N de Canadá, Groenlandia, NW de Europa, e N de Rusia. Tamén será visible dende toda a península ibérica e Canarias, aínda que xa preto do límite S. Dende Galicia, a inmersión do planeta produciráse ás 07:20 TU (09:20 hora local española). Esta inmersión será polo lado iluminado da Lúa e o planeta Venus estará nese momento a unha altura de 38º sobre o horizonte SE. A reaparición do planeta produciráse ás 08:14 TU (10:14 hora local) polo lado non iluminado da lúa cando xa esté a unha…

    Comentarios desactivados en Ocultación de Venus pola Lúa

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial