FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

EGAN 2026, ata a próxima!

O EGAN 2026 deu remate con 76 asistentes nunha xornada emocionante e intensa. Houbo espazo para profesionais e amadores da astronomía e, sobre todo, moi bo ambiente.

Dende primeira hora, antes do descanso para comer, puidemos disfrutar de 4 grandes charlas:

  • AstrónomAs con Josefina F. Ling. Unha exposición virtual que da visibilidade a máis de 300 mulleres adicadas ao estudo da Astronomía e da Astrofísica. Podese atopar máis información na páxina do proxecto https://astronomas.org/
  • Relación entre as lonxitudes de onda e as cores con Francisco Cirujano Buhigas. Un barco como exemplo para explicar o espín das particulas? Pois sí, e ademáis adicou a charla a súa neta que nacera o 9 de abril.
  • Proxectos educativos da Axencia Espacial Europea (ESA) para o ensino de primaria e secundaria con Juan Carlos Ferreira Nolasco. Moi interesante a charla sobre os proxectos a realizar pola ESA a nivel educativo, buscade maśi información na web https://www.esa.int/kids/es/Home
  • Nubes de Kordylewski: da teoría á práctica e viceversa con Begoña Nicolás Ávila. Xinxela e didáctica charla sobre as concentraciones de polvo interesterar nos puntos de Lagrange L4 y L5 do sistema Terra-Lúa.

Xa pola tarde, novas relatoras e relatores fixeronnos disfrutar de máis charlas nestas xornadas para coñecer de preto interesantes temas, proxectos e curiosidades sobre astronomía.

  • Journal of Computational Astronomy & Astronomical Computing (JCAAC) con César González Crespán. Revista adicada á computación orientada á astronomía, centrada no desenrolo de algoritmos, códigos e software astronómico en xeral, dentro dos recursos da FAAE (Federación de Asociaciones Astronómicas de España). Máis información sobre a mesma https://federacionastronomica.es/index.php/recursos-astronomicos/journal-of-ca-ac
  • Introdución á espectroscopía astronómica amateur con Martín Zamora Rodríguez. Amena e didáctica a charla sobre esta técnica de análise con exemplo e conceptos clave.
  • O Sol: a nosa estrela – Edición eclipse. Materiais didácticos para familias, aulas e agrupacións con Denébola Álvarez-Seoane. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío ensinou un dos moitos proxectos que realizan dende a agrupación, neste caso os materiais que están a preparar para a Eclipse Total de Sol deste agosto. Visitar https://agrupacionio.com/nueva/a-nosa-estrela/
  • Explorando os Cúmulos Abertos con datos de Gaia con Sergio Pereira. O noso compañeiro de VEGA ensinou a analizar datos do telescopio espacial Gaia tomando como exemplo o cúmulo aberto M37, na constelación de Auriga.
  • Astronomía no rural con Miguel Eiras Franco. Esta charla lembrounos algo fundamental, temos que desfrutar cada vez que miremos o ceo.
  • Unha eclipse total de sol segura ao cento por cento con Dosi Veiga. Exemplos de diferentes obxectos feitos por nós ou que atopamos na natureza (as árbores) ou na cociña (escumadeiras), permitirán a observación segura e sen riscos da eclipse deste 2026.
  • Megaconstelacións de espellos en órbita: facendo desaparecer a noite con Salvador Bará. Un problema de actualidade ao que temos que facer fronte dende todas as institucións e asociacións para non perder o noso ceo.

Na foto de grupo soamente estamos algunhas das persoas que participamos, as outras non se puideron quedar, pero quedan rexistradas igual. Grazas a tódolas persoas asistentes e poñentes por facelo posible.

Xa pensando nas melloras de cara 2027. Esperamosvos!!!

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial