EVENTOS

IOMN 2026

Onte puidemos gozar da visión do noso satélite nunha noite estupenda no Parque de Vista Alegre en Santiago. Grazas á colaboración do Museo de Historia Natural da USC e da Asociación de Amigos do Museo, puidemos observar e celebrar “A noite Intenacional da Lúa” xunto a todas as persoas que se achegaron a participar connosco neste evento.

E cada ano, dende que comezamos a realizar esta actividade, as nenas e os nenos demostran a importancia de dar a coñecer a Astronomía dende as idades máis pequenas, encheron a noite de preguntas e dúbidas que se intentaron resolver, e ao mesmo tempo, fomentar as ganas de saber máis sobre o sistema solar, o noso planeta, a exploración espacial,…

Observamos o ceo a través dun dos telescopios do noso Clube, “Abelardo”, un refractor Celestron Skyprodigy 102, e os primásticos 10×50 e un Seestar s30 de membros do Clube que participaron, diferentes formas de ver a Lúa, pero a mesma emoción cando a ves.

Esperamos repetir para o ano, dunha nova edición. Grazas a todas e a todos!!!

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial