PERSEIDAS 2025
Xa estamos en agosto!!! E un dos fenómenos máis coñecidos e característicos deste mes é a famosa choiva de estrelas fugaces, as Perseidas (ou coñecidas tamén como Bágoas de San Lorenzo). Dende VEGA animamosvos a participar deste fermoso espectáculo.
Xa podemos saír a un lugar con pouca contaminación lumínica, levar unha manta, algo de comer e beber, esperar «tombadas na herba» (e ter moita paciencia), para despois do anoitecer contemplar o espectáculo.
Lembrade que aínda que esteamos en verán (no hemisferio norte) as noites son frescas e debemos levar roupa de abrigo. O máximo será entre o 12 e o 13 do mes, pero xa se poden observar dende varios días antes e despois destas data, e podemos ver unha media de 100 meteoros por hora!!!
Este ano as Perseidas están acompañadas pola Lúa chea do 9 de agosto, o que dificultará apreciablemente un pouco a súa visibilidade, pero non por iso deixaremos de ver estrelas fugaces!
Pero qué son relamente as Perseidas? Son os fragmentos do cometa 109P/Swift-Tuttle, que deixou unha estela de residuos rocosos e xeados ao achegarse ao Sol durante a súa viaxe. En xeral as choivas de estrelas son un fenómeno astronómico nos que os fragmentos dun cometa ingresan na atmósfera terrestre, ao facelo volatilizanse por perda de enerxía xerando escintileos luminosos que poden durar segundos (as estrelas fugaces), no caso das Perseidas ubicamos o seu radiante na constelación de Perseo.
Pero non só temos as Perseidas no ceo de agosto, podemos ver varios planetas coma Saturno, Neptuno, Xúpiter e Venus. Lembrade que aínda que algúns se poidan observar a simple vista, os binoculares e/ou telescopios axudan.
Así que xa sabedes, animadevos a gozar do ceo, da astronomía e do verán!!!

Perseidas no 2010 sobre o Very Large Telescope do Observatorio austral europeo no deserto de Atacama (Chile).