«VEGANOS» PREMIADOS
Fai un par de semanas celebróuse en Castrelo de Miño a entrega de premios do concurso de fotografía de CEOS GALEGOS.
Non é ningunha novidade que en Clube Vega temos fantásticos astrofotógrafos e, como non podía ser doutro xeito, varios deles resultaron premiados, algún incluso por triplicado!
Deixamos aqui a relación dos premios otorgados aos nosos socios e, por n-ésima vez, NORABOA AOS PREMIADOS!, tamén aos non «veganos».
- Miguel: 3º premio na categoría Sistema Solar con «Lúa en Detalle»
- Kike: 3º premio do xurado con «Solitario»
- Alex:
- 1º premio do xurado na categoría Paisaxes celestes con «Lagoa de Louro»
- 3º premio do xurado na categoría Xente e ceo con «O faro das estrelas»
- Mellor imaxe didáctica do eclipse lunar
Tamén había outras fotos marabillosas destes e outros compañeiros de Vega que este ano non tiveron sorte, Esperemos que este 2020 nos regale ceos limpos e escuros para seguir gozando da nosa afección.