Noite Internacional de Observación da Lúa
A Noite Internacional de Observación da Lúa (International Observe the Moon Night) é un evento anual a nivel mundial que promove a NASA, para fomentar a observación e a aprendizaxe de curiosidades e datos sobre o noso satélite natural, e sobre a ciencia e a exploración espacial.
A data para este evento será o sábado 19 de setembro, e como anos anteriores, VEGA participará na súa celebración cun evento público que se levará a cabo grazas a colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC. Tedes a información a continuación. Animádevos a vir e compartir connosco esta noite, ou se non podedes, non deixedes de mirar a Lúa!!!
