-
EGAN 2026, ata a próxima!
O EGAN 2026 deu remate con 76 asistentes nunha xornada emocionante e intensa. Houbo espazo para profesionais e amadores da astronomía e, sobre todo, moi bo ambiente. Dende primeira hora, antes do descanso para comer, puidemos disfrutar de 4 grandes charlas: Xa pola tarde, novas relatoras e relatores fixeronnos disfrutar de máis charlas nestas xornadas para coñecer de preto interesantes temas, proxectos e curiosidades sobre astronomía. Na foto de grupo soamente estamos algunhas das persoas que participamos, as outras non se puideron quedar, pero quedan rexistradas igual. Grazas a tódolas persoas asistentes e poñentes por facelo posible. Xa pensando nas melloras de cara 2027. Esperamosvos!!!
-
CONTA ATRÁS PARA O EGAN 2026
Falta moi pouco para o noso congreso anual!! Xa tes o programa dispoñible para ir facendo boca!. Pincha na imaxe. Toda a info: https://www.clubevega.org/astronomianova/
-
A ECLIPSE SOLAR DO 12 DE AGOSTO DE 2026 EN GALICIA
O 12 de agosto de 2026 asistiremos a unha eclipse solar total na Península Ibérica, no que o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia será un lugar privilexiado para a súa observación, no que a altura do sol permitirá visión directa da eclipse ata a finalización da parcialidade, tendo en conta que a orografía podería obstaculizar a visión ao atoparse o sol moi baixo nos últimos instantes da eclipse. A anterior eclipse solar total visible desde a Península Ibérica aconteceu no século pasado, o 17 de abril de 1912, onde a sombra tocou Galicia nunha moi estreita franxa de 1,2 km de anchura que atravesou desde Verín ata Valdeorras, con…
-
28 de abril de 2026, unha data para a comprobación da visibilidade da eclipse do 12 de agosto de 2026
Equidistancia temporal sobre o solsticio de verán entre o día da eclipse do 12 de agosto e o 28 de abril O 12 de agosto de 2026 producirase unha eclipse solar total no que a franxa de totalidade cubrirá o 55% do territorio galego. Debido a que o instante de totalidade acontecerá co sol baixo (entre 10 e 12º sobre o horizonte) e entre 1 e 3º na finalización da parcialidade, non todos os lugares de observación disporán de visión directa do sol. Haberá que ter en conta os posibles obstáculos visuais, xa sexan naturais ou artificiais. Para averiguar se os obstáculos poden ser un problema ou non temos a…
-
Eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 en Santiago de Compostela
O 12 de agosto de 2026 asistiremos a unha eclipse solar total na Península Ibérica, no que o territorio do Concello de Santiago de Compostela atoparase na liña que divide a observación da totalidade da que se manterá na parcialidade. A anterior eclipse solar total visible desde a Península Ibérica aconteceu no século pasado, o 17 de abril de 1912, onde a sombra tocou Galicia nunha moi estreita franxa de 1,2 km de anchura que atravesou desde Verín ata Valdeorras, con duración da totalidade menor de 1 s. Esa eclipse observouse en Santiago de Compostela cun escurecemento do disco solar do 96%. Temos que remontarnos ao século XV, o 16…
-
TRÍO DE ECLIPSES (Agosto 2026 e máis)
Trío de eclipses visibles dende o territorio estatal Nos próximos anos de 2026, 2027 e 2028 produciranse unha serie de eclipses solares, visibles dende distintos puntos de toda España. Estes eventos non só son de gran interese desde a perspectiva cultural e científica, senón que tamén representan un reto organizativo e loxístico que requirirá a planificación e coordinación das autoridades locais, rexionais e nacionais. O primeiro deste trío de eclipses producirase o 12 de agosto de 2026 e o seu rango de visibilidade esténdese dende a costa norte de Galicia, Asturias, Cantabria e parte do País Vasco ata o norte da Comunidade Valenciana e o sur de Cataluña. Este rango…
-
PERSEIDAS 2025
Xa estamos en agosto!!! E un dos fenómenos máis coñecidos e característicos deste mes é a famosa choiva de estrelas fugaces, as Perseidas (ou coñecidas tamén como Bágoas de San Lorenzo). Dende VEGA animamosvos a participar deste fermoso espectáculo. Xa podemos saír a un lugar con pouca contaminación lumínica, levar unha manta, algo de comer e beber, esperar «tombadas na herba» (e ter moita paciencia), para despois do anoitecer contemplar o espectáculo. Lembrade que aínda que esteamos en verán (no hemisferio norte) as noites son frescas e debemos levar roupa de abrigo. O máximo será entre o 12 e o 13 do mes, pero xa se poden observar dende varios…
-
ACTIVIDADES
Entre eclipses e congresiños estamos que non paramos. Deixamos aqui o da OBSERVACIÓN DO ECLIPSE DE SOL DO DÍA 29 e o ENCONTRO ASTRONOMÍA NOVA (ligazón) Apuntádevos!!
-
Encontro ASTRONOMIA NOVA
Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente. A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) . Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados…
-
VOLVEN AS REUNIÓNS PRESENCIAIS!
Por fin, tendo a pandemia controlada e sen restricións para poder xuntarnos en espazos pechados, van sendo horas de volver as nosas reunións mensuais presenciais. Socios e simpatizantes estades convidados a vindeira reunión do clube o SÁBADO DÍA 3 DE DECEMBRO as 18.00h NO CSC DE FONTIÑAS (Santiago) Vémonos alí!!