FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

Eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 en Santiago de Compostela


O 12 de agosto de 2026 asistiremos a unha eclipse solar total na Península Ibérica, no que o territorio do Concello de Santiago de Compostela atoparase na liña que divide a observación da totalidade da que se manterá na parcialidade.

A anterior eclipse solar total visible desde a Península Ibérica aconteceu no século pasado, o 17 de abril de 1912, onde a sombra tocou Galicia nunha moi estreita franxa de 1,2 km de anchura que atravesou desde Verín ata Valdeorras, con duración da totalidade menor de 1 s. Esa eclipse observouse en Santiago de Compostela cun escurecemento do disco solar do 96%.

Temos que remontarnos ao século XV, o 16 de marzo de 1485, data na que se puido observar unha eclipse solar total en Santiago de Compostela. Por aquel entón aínda gobernaba o reino de Castela a raíña Isabel I xunto a Fernando V.

A seguinte sombra que tocará o Concello de Santiago de Compostela acontecerá no século XXV, o 4 de outubro de 2480, cando o sol da mañá escurecerase durante uns 3 minutos.

Estas distancias temporais de 541 anos cara o pasado e de 454 anos cara o futuro para atoparnos cunha eclipse solar total nun lugar xeográfico concreto (Santiago de Compostela neste exemplo) dannos unha idea da extraordinaria rareza deste evento astronómico e a oportunidade histórica que teremos este 2026 para observalo sen desprazamentos.

No nordeste do Concello de Santiago de Compostela será onde se poida observar a totalidade da eclipse. Dos 219,84 km2 do concello tan só estarán baixo a sombra da totalidade 32,27 km2 , un 15% do territorio. Das 28 parroquias que compoñen o concello, a totalidade observarase en só 8, que son A Barciela, Cesar, Busto, Marantes, O Carballal, Nemenzo, A Enfesta e Sabugueira.

Na seguinte táboa indícanse para cada parroquia a súa superficie, a superficie en sombra da totalidade, a porcentaxe do territorio en sombra, a hora de inicio e a duración da fase de totalidade:

PARROQUIASuperficie (km2)Sup Sombra (km2)Porcentaxe SombraInicio TotalidadeDuración (s)
A Barciela (Santo André)5,125,12100%20:28:5118
Cesar (Santa María)6,886,88100%20:28:4822
Busto (San Pedro)6,495,1379%20:28:5510
Marantes (San Vicente)5,884,4776%20:28:5216
O Carballal (San Xulián)7,454,1756%20:28:5614
Nemenzo (Santa Cristina)8,114,1051%20:28:5314
A Enfesta (San Cristovo)14,941,8713%20:28:5811
Sabugueira (San Paio)16,520,543%20:29:028
Santiago de Compostela15,370,000%

Aríns (San Martiño)10,840,000%

Bando (Santa Eulalia)9,340,000%

O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima)2,030,000%

Conxo (Santa María)4,900,000%

O Eixo (San Cristovo)3,880,000%

Fecha (San Xoán)15,330,000%

Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina)5,770,000%

Figueiras (Santa María)10,270,000%

Grixoa (Santa María)7,160,000%

Laraño (San Martiño)3,650,000%

Marrozos (Santa María)9,590,000%

Vidán (Divino Salvador)1,710,000%

San Caetano (Santiago)10,630,000%

San Paio (Santiago)1,510,000%

San Lázaro (Santiago)4,640,000%

Vista Alegre (San Xoán)5,090,000%

A Peregrina (Santa María)7,990,000%

Verdía (Santa Mariña)6,380,000%

Villestro (Santa María)12,360,000%


Na seguinte imaxe indícase o territorio do Concello de Santiago de Compostela coa zona afectada pola sombra da totalidade:


E en máis detalle:


No momento da totalidade o sol atoparase no entorno de Santiago de Compostela a unha altitude de só 11,8º sobre o horizonte polo que é preciso que a observación se realice desde un lugar en que a orografía ou os obstáculos artificiais como as edificacións non impidan a visión directa do sol. Na seguinte imaxe amósase o territorio de Santiago de Compostela que non obstaculiza a visión do sol tendo en conta só a orografía:


Este mapa de afectación de parroquias pola sombra da eclipse así como as zonas de visibilidade directa na totalidade pódese consultar de xeito dinámico sobre Google Maps no seguinte enlace:

https://goo.gl/maps/PREKdVsWULUd4SrWA

FONTES:

Para a obtención destes resultados foi utilizada a seguinte información:

Datos da eclipse de Xavier M. Jubier, na súa web http://xjubier.free.fr/en/index_en.html

A visualización dos detalles horarios e localización en:

http://xjubier.free.fr/en/site_pages/solar_eclipses/TSE_2026_GoogleMapFull.html?Lat=42.97989&Lng=-8.48169&Elv=249.0&Zoom=13&LC=1

Os datos cartográficos dos límites administrativos foron recollidos da infraestrutura de datos espaciais da Xunta de Galicia en https://mapas.xunta.gal/gl

Deja una respuesta

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial