• DIVULGACION,  FENÓMENOS ASTRONÓMICOS

    TRÍO DE ECLIPSES (Agosto 2026 e máis)

    Trío de eclipses visibles dende o territorio estatal Nos próximos anos de 2026, 2027 e 2028 produciranse unha serie de eclipses solares, visibles dende distintos puntos de toda España. Estes eventos non só son de gran interese desde a perspectiva cultural e científica, senón que tamén representan un reto organizativo e loxístico que requirirá a planificación e coordinación das autoridades locais, rexionais e nacionais. O primeiro deste trío de eclipses producirase o 12 de agosto de 2026 e o seu rango de visibilidade esténdese dende a costa norte de Galicia, Asturias, Cantabria e parte do País Vasco ata o norte da Comunidade Valenciana e o sur de Cataluña. Este rango…

    Comentarios desactivados en TRÍO DE ECLIPSES (Agosto 2026 e máis)
  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION

    OS ECLIPSES QUE VEÑEN

    AÍnda que todos os anos se producen varios eclipses, tanto de Sol como de Lúa, non sempre os podemos disfrutar, xa que son eventos que non se poden ver desde todos os lugares. Pero neste ano 2025 e no 2026 estamos de sorte en Galicia, xa que poderemos ver varios eclipses de Lúa e, o que é máis dificil, varios eclipses de Sol. Comezamos esta boa racha este mes de Marzo no cal teremos un de cada, visibles desde Galicia, de Lúa o día 14, e de Sol, parcial, o 29 de Marzo. Estes eclipses van ser só o aperitivo co que nos ímos ir preparando para o grande evento…

  • DIVULGACION

    Resumen Astrogalicia

    Comezamos o ano 2025 lembrando como o rematamos, coa xuntanza anual de “Astrogalicia24: a festagalega das estrelas”, este ano na localidade de Arzúa.Xa facía uns anos que non se celebraba, e dende este ano 2024 esperamos que poida voltar a ser unha data marcada para o encontro de Asociacións e Clubes astronómicos e xente aficionada á disfrutar do ceo.Pola nosa parte varias socias e socios do Clube asistimos e retomamos contacto con moitas persoas que vemos de ano en ano, e, por suposto, gozamos coas charlas, oradoiros e seminarios ofertados que se levaron a cabo.Tocaronse diferentes e variados temas relacionados coa Astronomía: divulgación, astrofotagrafía, radioastronomía,…Astrogalicia tamén ofrece a posibilidade de…

  • ACTIVIDADES,  astrofoto,  DIVULGACION

    EXPOSICIÓN: 25 ANOS MIRANDO AO CEO

    O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios. PODES VISITALA ENTRE O 1 E O 31 DE OUTUBRO NO CSC DO ENSANCHESANTIAGO DE COMPOSTELA(ubicación)

    Comentarios desactivados en EXPOSICIÓN: 25 ANOS MIRANDO AO CEO
  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION

    Luna lunera….

    Este sábado 14 de setembro e no marco do DÍA INTERNACIONAL DE OBSERVACIÓN DA LÚA (InOMN) , promovido anualmente pola NASA, o noso clube vai celebrar unha xornada de observación aberta ao público. Será no parque de Vista alegre, é unha actividade donde colabramos coa asociación de amigos do museo de Historia Natural. Tes toda a información na imaxe adxunta. Anímate a desfrutar con nos da Lúa!! Deixamos AQUI material interesante para a observación. AQUI o link a páxina oficial da NASA onde está inscrita a nosa actividade.

  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION,  FENÓMENOS ASTRONÓMICOS,  NOVAS

    Encontro ASTRONOMIA NOVA

    Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.   A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .   Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados…

  • ACTIVIDADES,  DIVULGACION

    Charla divulgativa sobre ocultacións

    Nestes días de chegadas varias ao planeta vermello, os do Clube Vega permanecemos na Terra, ainda que sempre mirando cara arriba. Despois de bastante tempo de inactividade por estas sucesivas ondas da pandemia ímos adaptándonos e voltamos ás nosas reunións, eso si, on line. O noso compañeiro Ramón ofreceranos unha interesante charla este sábado…vémonos na pantalliña!!

    Comentarios desactivados en Charla divulgativa sobre ocultacións
  • DIVULGACION,  NOVAS

    Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis

    As estrelas que vemos no ceo permanecen inmóbiles entre si. Por suposto que todas parecen moverse ó xirar a Terra, pero as súas posición relativas permanecen fixas, polo que forman patróns que podemos recoñecer e que chamamos constelacións. Sen embargo, xa os gregos viron que algunhas poucas «estrelas» movíanse «errantes» sobre o fondo de estrelas fixas. A estes corpos os gregos os chamaron «planetas» que significan precisamente «errantes». Hoxe en día sabemos que estes planetas son corpos que xiran ó redor do Sol e que, aínda que non emiten luz propia como as estrelas, son suficientemente grandes como para poder percibir dende a Terra a luz que reflicten do Sol…

    Comentarios desactivados en Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis
  • DIVULGACION,  NOVAS

    Ocultación de Venus pola Lúa

    Durante a mañán do venres 19 de xuño produciráse unha ocultación do planeta Venus pola Lúa. Esta ocultación será visible dende o N de Canadá, Groenlandia, NW de Europa, e N de Rusia. Tamén será visible dende toda a península ibérica e Canarias, aínda que xa preto do límite S. Dende Galicia, a inmersión do planeta produciráse ás 07:20 TU (09:20 hora local española). Esta inmersión será polo lado iluminado da Lúa e o planeta Venus estará nese momento a unha altura de 38º sobre o horizonte SE. A reaparición do planeta produciráse ás 08:14 TU (10:14 hora local) polo lado non iluminado da lúa cando xa esté a unha…

    Comentarios desactivados en Ocultación de Venus pola Lúa

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial