ACTIVIDADES,  EVENTOS

A ECLIPSE PARCIAL DE SOL

Moito se fala das eclipses do 2026 e seguintes, pero temos que lembrar que en Galicia, non fai moito, puidemos gozar dunha, non total, pero sí parcial.

O sábado 29 de marzo deste ano, no Parque de Carlomagno, en Santiago de Compostela, algunhas socias e socios de VEGA xuntámonos nunha actividade pública, para ver este fenómeno astronómico, a eclipse parcial de sol.

Unha eclipse solar é o fenómeno astronómico que se produce cando a lúa oculta o sol visto dende a Terra. Isto ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñadas. Dita aliñación coincide coa lúa nova cando esta se produce no plano da eclíptica, no noso caso a lúa ocultou un 31% da superficie do disco solar (42,2% do diametro do sol).

Podemos apreciar o máximo nesta foto do noso compañeiro e socio “vegano “ Gonzalo ( gg.alphalyrae ) onde tamén vemos a mancha solar AR-4046. Todo un espectáculo!!

Tivemos moita sorte co clima, ceo despexado e un sol radiante que foi ocultado pola Lúa e onde as persoas asistentes puidemos disfrutar do mesmo coas gafas de eclipse e os diferentes telescopios con filtros solares e telescopios por proxección e proxectores que puxemos a súa disposición.

As cativas e cativos tiveron máis sorte e non só puideron gozar deste feńomeno astronómico, senón que tamén tiveron a posibilidade de realizar unha ficha para pintar distintas fases da eclipse e comprobar os cambios que se producían no sol cada certo tempo, así como gozar dun pequeño punto de lectura con libros e contos de astronomía adaptados a diferentes idades.

Unha estupenda e soleada xornada onde esperamos que todas as persoas que asistiron o pasaran tan ben como nós!! Grazas pola vosa participación!!!

E crucemos os dedos para que nos vindeiros eclipses tiñamos a mesma sorte co tempo!!

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial