ACTIVIDADES

II EGAN 2025

Fai uns meses que rematamos o EGAN 2025 e xa temos ganas do seguinte!!! Este ano reunímonos en Bertamiráns sobre 60 persoas na segunda edición do Encontro Galego Astronomía Nova, que organizou o noso compañeiro e socio Ramón Iglesias Marzoa e onde atopamos diferentes charlas relacionadas co mundo astronómico en todas as súas variables.

Neste encontro puidemos gozar de variadas e distintas temáticas, dende arqueastronomía, meteoritos, radios de galena, esferas armilares e historia e mitoloxía (cunha estupenda charla sobre as Pléiades a cargo do noso “vegano” Jorge A. Pérez Prieto).

As persoas que asistimos viaxamos a Arabia e o ceo de Petra con A. César González García, pasamos polo Concello de Baralla e atopamos un meteorito que amosou Manuel Andrade Valinho, descubrimos que podemos unir astronomía e ciclismo grazas a Francisco Cirujano Buhigas, e tivemos a oportunidade de ver e tocar unha esfera armilar eclíptica e unha radio de galena por conta de César González Crespań e a Javier Moldes ( radiomakers.org ). E por suposto a charla de Ramón, o anfitrión, sobre o asteroide Leona.

Non faltou neste EGAN o tema “estrela”: as eclipses, como debemos protexer os nosos ollos cando estamos nunha eclipse (Salva Bará) e que podemos facer para prepararnos para o 2026 (Dositeo Veiga), onde poderemos gozar dunha eclipse total de sol en Galicia.

Espero que o noso “vegano” Ramón xa estea preparando o EGAN 2026, poque non o imos perder!!!

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial