ACTIVIDADES,  EVENTOS

Noite Internacional de Observación da Lúa


International Observe the Moon Night é un evento público mundial que fomenta a observación, a apreciación e a comprensión da nosa Lúa e a súa conexión coa ciencia espacial, a exploración e a cultura humana. Este evento anual conecta científicas e científicos, educadoras e educadores e entusiastas, en xeral, da lúa de calquera parte do mundo.

Dende VEGA, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, realizaremos unha observación pública para unirnos á Noite Internacional da Observación da Lúa o sábado 4 de outubro ás 22:00, o evento é de balde e celebrarase en Santiago de Compostela, no Parque de Vista Alegre xunto ao Museo de Historia Natural.

O evento será desde ás 22:00 ata ás 0:00 e incluirá a posibilidade de observar a lúa a través de telescopios do Clube, con explicacións a cargo das socias colaboraderas e socios colaboradores de VEGA.

A International Observe the Moon Night está patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA e a División de Exploración do Sistema Solar no Goddard Space Flight Center da NASA, con moitos colaboradores. O LRO está xestionado polo Goddard Space Flight Center da NASA en Greenbelt, Maryland, para a Dirección de Misións Científicas na sede da NASA en Washington, D.C.

Para obter máis información sobre International Observe the Moon Night, visite:
https://moon.nasa.gov/observe

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial