ACTIVIDADES,  EVENTOS

IOMN 2025

A imaxe da Lúa onte ás 21:42 da noite, grazas á nosa compañeira Magaly.

Onte pola noite o noso Clube participou no evento organizado pola NASA, o «International Observe the Moon Night» , ou Noite Internacional de Obsrvación da Lúa, é un evento anual a nivel mundial e que invita ao público a observar, aprender e gozar do noso satélite natural, a Lúa.

Grazas ao Museo de Historia Natural da USC e á Asociación de Amigos do MHN da USC, puidemos dispoñer dun espazo excelente, o Parque de Vista Alegre (Santiago de Compostela) para «plantar» os telescopios que levávamos e poder levar a cabo a nosa actividade divulgativa.

Entre os varios telescopios que había temos que destacar ao noso Celestino, un telescopio Dobson de 200 mm de diámetro e 1200 mm de distancia focal contruido con perfiles metálicos e taboleiro de madeira que foi un dos primeiros proxectos de VEGA, construido por varios socios nos primeiros anos do Clube (que xa leva 28 anos realizando actividades astronómicas!!).

Durante as horas da actividade as persoas asistentes coñeceron datos curiosos sobre a Lúa, así como a súa relación coa Terra, coa nosa cultura e historia, puideron disfrutar de ver o noso satélite dende varios telescopios, e poder distinguir diferentes cráters e mares. A climatoloxía non prometía unha boa noite pero ao final o ceo ofreceu unhas horas de calma e estivo case sempre despexado, esperamos que o ano que ven, anotade o 29 de setembro como data do IOMN 2026, sexa igual ou mellor.

Moitas grazas a todas as persoas que asistiron, esperamos que o disfrutaran tanto coma nós!

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial