VOLVE ASTROGALICIA!

Anotade as datas nas vosas axendas astronómicas! O 20 e 21 de decembro, no Concello de Arzúa, voltaremos a vernos no AstroGalicia25!
O ano pasado puidemos gozar de moitas e variadas charlas, seminarios e obradoiros relacionados co mundo da Astronomía, este ano desexamos que chege decembro para poder coñecer máis novas sobre a nosa paixón. Dende VEGA moitas socias e socios estamos pendentes de canto se vaia comentando sobre este acontecemento tan querido por todas e todos, e poder xuntarnos de novo para aprender e disfrutar coas persoas que asistamos. Tedes máis información na paxina web https://ceosgalegos.com/ag25/ non deixedes de consultala para coñecer as novas e tamén nas nosas redes intentaremos mantervos informadas e informados.
Vémonos en AstroGalicia25!!!