-
Encontro ASTRONOMIA NOVA
Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente. A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) . Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados…
-
25 ANOS MIRANDO AO CEO
O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios. PODES VISITALA DO 2 AO 16 DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO E DO 16 AO 31 DE OUTUBRO EN BERTAMIRÁNS
-
Actividade astronómica en Fecha
O pasado dia 18 tivemos o placer de compartir unha actividade astronómica con socios da asociación A pedra que fala, de San Xoan de Fecha. Primeiro tivemos unha breve charla divulgativa, na que falamos de conceptos básicos para comprender que é o que se observa no ceo nocturno ao longo do ano e que son os diferentes obxectos astronómicos. Despois fomos ao punto de observación elexido, no monte da parroquia de San Xoan de Fecha, e gozamos dunha sesión de observación: Venus en fase minguante, Saturno e o seu anel, Xúpiter, cas súas bandas nubosas e os satélites Galileanos… e tamén algunha estrela dobre, cúmulos estelares e pouco máis, pois…
-
Charla divulgativa sobre ocultacións
Nestes días de chegadas varias ao planeta vermello, os do Clube Vega permanecemos na Terra, ainda que sempre mirando cara arriba. Despois de bastante tempo de inactividade por estas sucesivas ondas da pandemia ímos adaptándonos e voltamos ás nosas reunións, eso si, on line. O noso compañeiro Ramón ofreceranos unha interesante charla este sábado…vémonos na pantalliña!!
-
ASTRONOMÍA URBANA
O dia 28 pola noite, o clube Vega recibiu ao público que se apuntou a estas xornadas organizadas polo concello de Santiago, no marco do programa Vive o Verán. Ao ter que cumprir co protocolo pola COVID-19 o aforo tivo que estar limitado, pero o público acudiu con entusiasmo e coa paciencia necesaria para esperar o turno e cumprir ca normativa: máscaras, distancia, desinfección… Ainda que cara o final da actividade as nubes fixeron acto de presencia, desde a azotea do CSC A Trisca poidemos ver a Lúa, Xúpiter, Saturno e outros astros, ainda que xa non o cometa Neowise, que esta a perder brillo día a día alonxándose xa…
-
VII Workshop CMON. PROGRAMA COMPLETO
Consulta a continuación ou DESCARGA o programa deste evento. 10:15: Benvida e presentación. 10:30: O proxecto NOSA. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. Xosé Díaz Díaz (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces) O proxecto NOSA é unha iniciativa educativa posta en marcha desde varios centros públicos galegos. Busca promover vocacións, espertar a curiosidade do alumnado e favorecer o traballo en equipo a través dunha viaxe anual á estratosfera. 11:00: Recreando paisajes de otros mundos Francisco José Fernández Gómez La presentación versará sobre las recreaciones de paisajes lunares de Nasmyth y de las misiones Apollo, y sobre cómo recrear paisajes lunares a partir de nuestras fotos. 11:30:…
-
VII edición do workshop CMON
Un ano máis, retomamos a organización do que será o VII Workshop CMON, a celebrar, como é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias, non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral. DESCARGAR PROGRAMA Data: Sábado, 14 de decembro de 2019. Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago. Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos en xeral. Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña…
-
50 ANOS NA LÚA
O 21 de xullo de 1969, os Astronautas da Apolo XI convertíronse nos primeiros seres humanos en pisar outro astro que non fora a Terra. Aínda que hai quen trata de xustificar ou condenar este feito desde o punto de vista político e/ou económico, o que é innegable e que foi a culminación dun enorme esforzo científico e tecnolóxico no que colaboraron centos de homes e mulleres, moitas veces non suficientemente recoñecidos, que deron sentido a famosa frase de Neil Armstrong «un pequeno paso para un home, un grande salto para a humanidade» Este mes celébrase en todo o mundo o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, cada…
-
Éxito na MAKER
Xa rematou a Galicia Maker Faire. Alí estaban coñecidos makers de todo o mundo, robots, impresoras 3D, artesanía e moitas máis cousas. Tamén houbo postos con moita e moi boa divulgación científica e por suposto alí estabamos o CLUBE VEGA. Estes dous días falamos con moita xente curiosa e con ansia de saber, poideron ver a nosa Lúa artificial cos telescopios, e disfrutar coa nosa selección de obxectos astronómicos. ¡E o millor é o ben que o pasamos!, eso si, acabamos esgotadiños…. Desde aqui o noso agradecemento a toda organización e en especial aos voluntarios, pendentes de nós todo o tempo. ¡Vémonos para o ano! Deixamos unhas fotiños para lembrar…
-
MAKER FAIRE 2018
¡Xa está aqui a MAKER FAIRE deste ano! Como o ano pasado CLUBE VEGA asistirá a este evento, este ano con stand propio, dentro da categoría «divulgación da ciencia». Para esta ocasión estamos traballando na exposición «O DECÁLOGO DO ASTRÓNOMO AFECIONADO», unha mostra de fotografías, moitas delas dos nosos socios, con audioguía a través do mobil. Tamén faremos obradoiros de iniciación ao USO DO TELESCOPIO e, se o tempo o permite, algunha OBSERVACIÓN nocturna. Xa sabedes, este finde temos plan. Vémonos alí!