- 			IOMN 2025Moitas grazas a todas as persoas que asistiron, esperamos que o disfrutaran tanto coma nós! 
- 			Noite Internacional de Observación da LúaInternational Observe the Moon Night é un evento público mundial que fomenta a observación, a apreciación e a comprensión da nosa Lúa e a súa conexión coa ciencia espacial, a exploración e a cultura humana. Este evento anual conecta científicas e científicos, educadoras e educadores e entusiastas, en xeral, da lúa de calquera parte do mundo. Dende VEGA, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, realizaremos unha observación pública para unirnos á Noite Internacional da Observación da Lúa o sábado 4 de outubro ás 22:00, o evento é de balde e celebrarase en Santiago de Compostela, no Parque de Vista Alegre xunto ao Museo… 
- 			TRÍO DE ECLIPSESTrío de eclipses visibles dende o territorio estatal Nos próximos anos de 2026, 2027 e 2028 produciranse unha serie de eclipses solares, visibles dende distintos puntos de toda España. Estes eventos non só son de gran interese desde a perspectiva cultural e científica, senón que tamén representan un reto organizativo e loxístico que requirirá a planificación e coordinación das autoridades locais, rexionais e nacionais. O primeiro deste trío de eclipses producirase o 12 de agosto de 2026 e o seu rango de visibilidade esténdese dende a costa norte de Galicia, Asturias, Cantabria e parte do País Vasco ata o norte da Comunidade Valenciana e o sur de Cataluña. Este rango… 
- 			A ECLIPSE PARCIAL DE SOLMoito se fala das eclipses do 2026 e seguintes, pero temos que lembrar que en Galicia, non fai moito, puidemos gozar dunha, non total, pero sí parcial. O sábado 29 de marzo deste ano, no Parque de Carlomagno, en Santiago de Compostela, algunhas socias e socios de VEGA xuntámonos nunha actividade pública, para ver este fenómeno astronómico, a eclipse parcial de sol. Unha eclipse solar é o fenómeno astronómico que se produce cando a lúa oculta o sol visto dende a Terra. Isto ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñadas. Dita aliñación coincide coa lúa nova cando esta se produce no plano da eclíptica, no noso… 
- 			II EGAN 2025Fai uns meses que rematamos o EGAN 2025 e xa temos ganas do seguinte!!! Este ano reunímonos en Bertamiráns sobre 60 persoas na segunda edición do Encontro Galego Astronomía Nova, que organizou o noso compañeiro e socio Ramón Iglesias Marzoa e onde atopamos diferentes charlas relacionadas co mundo astronómico en todas as súas variables. Neste encontro puidemos gozar de variadas e distintas temáticas, dende arqueastronomía, meteoritos, radios de galena, esferas armilares e historia e mitoloxía (cunha estupenda charla sobre as Pléiades a cargo do noso “vegano” Jorge A. Pérez Prieto). As persoas que asistimos viaxamos a Arabia e o ceo de Petra con A. César González García, pasamos polo Concello… 
- 			PERSEIDAS 2025Xa estamos en agosto!!! E un dos fenómenos máis coñecidos e característicos deste mes é a famosa choiva de estrelas fugaces, as Perseidas (ou coñecidas tamén como Bágoas de San Lorenzo). Dende VEGA animamosvos a participar deste fermoso espectáculo. Xa podemos saír a un lugar con pouca contaminación lumínica, levar unha manta, algo de comer e beber, esperar «tombadas na herba» (e ter moita paciencia), para despois do anoitecer contemplar o espectáculo. Lembrade que aínda que esteamos en verán (no hemisferio norte) as noites son frescas e debemos levar roupa de abrigo. O máximo será entre o 12 e o 13 do mes, pero xa se poden observar dende varios… 
- 			ACTIVIDADESEntre eclipses e congresiños estamos que non paramos. Deixamos aqui o da OBSERVACIÓN DO ECLIPSE DE SOL DO DÍA 29 e o ENCONTRO ASTRONOMÍA NOVA (ligazón) Apuntádevos!! 
- 			OS ECLIPSES QUE VEÑENAÍnda que todos os anos se producen varios eclipses, tanto de Sol como de Lúa, non sempre os podemos disfrutar, xa que son eventos que non se poden ver desde todos os lugares. Pero neste ano 2025 e no 2026 estamos de sorte en Galicia, xa que poderemos ver varios eclipses de Lúa e, o que é máis dificil, varios eclipses de Sol. Comezamos esta boa racha este mes de Marzo no cal teremos un de cada, visibles desde Galicia, de Lúa o día 14, e de Sol, parcial, o 29 de Marzo. Estes eclipses van ser só o aperitivo co que nos ímos ir preparando para o grande evento… 
- 			II encontro ASTRONOMÍA NOVANon cabía dúbida, logo do éxito do primeiro encontro, que o noso ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) ía ter continuidade…pois xa temos data! apuntade! O VINDEIRO 5 DE ABRIL DE 2025, EN BERTAMIRÁNS Aínda non temos carteliño pero o que si que temos lista é a web para o congreso. ahí tes as datas e as ligazóns para apuntarte, tanto se queres contribuir cunha charla, como se queres asistir. Anímate, vai ser un día grande!! 
- 			Resumen AstrogaliciaComezamos o ano 2025 lembrando como o rematamos, coa xuntanza anual de “Astrogalicia24: a festagalega das estrelas”, este ano na localidade de Arzúa.Xa facía uns anos que non se celebraba, e dende este ano 2024 esperamos que poida voltar a ser unha data marcada para o encontro de Asociacións e Clubes astronómicos e xente aficionada á disfrutar do ceo.Pola nosa parte varias socias e socios do Clube asistimos e retomamos contacto con moitas persoas que vemos de ano en ano, e, por suposto, gozamos coas charlas, oradoiros e seminarios ofertados que se levaron a cabo.Tocaronse diferentes e variados temas relacionados coa Astronomía: divulgación, astrofotagrafía, radioastronomía,…Astrogalicia tamén ofrece a posibilidade de…